Aplicación móbil que permite a tradución automática de textos entre galego, castelán, portugués, inglés e catalán. A app ofrece a información de que palabras non se atopan nos seus dicionarios e permite ao usuario facer suxestións para engadir novos termos. Tamén se poden gardar traducións favoritas e configurar o sentido da tradución por defecto.